jueves, 18 de junio de 2015
domingo, 14 de junio de 2015
Curiosidades
- Os romanos construíron redes de sumidoiros.
- Foron tres os emperadores romanos nacidos en Hispania: Adriano, Traxano e Teodosio.
- Os romanos quentaban os seus fogares cun sistema de calefacción.
- Os romanos usaron moito o arco en grandes edificios e acuedutos.
- Os romanos non necesitaban moitas máquinas porque tiñan escravos para facer os traballos pesados.
- Os romanos inventaron máquinas de guerra como catapultas.
- Os romanos non empregaban xabón, empregaban aceite que frotaban contra a pel e despois, cun instrumento metálico chamado estrígile, raspábana.
- Roma comenzou como unha pequena aldea no 753a.C.
- Nos primeiros tempos non había distinción entre exército e lexión, Roma dispoñía dunha soa lexión de tres mil infantes e trescentos cabaleiros .O mando supremo da cabalería correspondialle a un Magister Equitum, e o da cabalería de cada lexión aos Tribunos da cabalería.Os infantes foron divididos en cinco clases según o seu armamento (en funcion da riqueza persoal) sendo as tres primeiras chamadas hoplitas (pola armadura) e as outras dos Velites (auxiliares).
By http://lombradunsomni.blogspot.com.es/2012_05_01_archive.html
Os soldados e a cor vermella
A casa romana
Epílogo
Ø O emperador Marco Aurelio morre no ano 180 (e coa súa morte, remata o período de Pax Romana), é considerado un deus e sucédelle o seu fillo Cómodo (líder político e militar paranoico e egoísta).
Ø Alexander, alistado na lexión, chega a participar en numerosas batallas defendendo as fronteiras do imperio, pertenecendo á guardia pretoriana, tamén no ano 180 morre nas guerras marcómanas loitando contra eles no Danubio.
Ø Johan Ulpius Verus morre despois de pasar máis de 16 anos disfrutando do seu descanso en Lucus Augusti e escribindo, algo despois de enterarse da morte do seu admirado emperador, do seu fillo e da subida ao trono de Cómodo.
Ø Africanus pasa a ser liberto, pois o que fora o seu amo “deulle” a liberdade ao deixalo escrito no testamento.
Para saber
máis:
Discurso de Marco Aurelio
By Xenxo16
https://www.youtube.com/watch?v=Z8BKBBJm8Ds
A viaxe
Ola a tod@s:
Agora podedes elixir entre ler o
diario de viaxe de Johan Ulpius Verus mediante vídeos escritos en táboas
(recomendado para persoas pacientes e con tempo) ou ler o contido deste diario
de viaxe sen vídeo e sen cortes (recomendado para persoas con présa).
O primeiro caso xa o tedes a
continuación, e, o segundo caso, é dicir, se queredes rematar antes, ide ao
final desta entrada.
Xoves, XXVIII de xuño do ano CLXIV
Despois da morte da miña amada
Lucilla Galeria, xa nada me ata a Vindolanda, cando onte mandei a Alexander á
pequeña tenda do artesán a buscar táboas, stilus e cera, preguntoume para que
quería tantas, se ía escribir cartas a todos os lexionarios, eu conteille que
iamos facer una longa viaxe ata Hispania e eran para escribir nelas as anécdotas
da viaxe; Alexander alegrouse moitísimo, sempre quixo coñecer o lugar onde
nacera eu, e coñecer a familia que ten en Gallaecia. Por iso hoxe comezo este
diario, contando como a xente de aquí veu durante todo o día a despedirse e
traernos regalos, trouxéronnos: 3 ánforas o artesán, para Alexander 4 túnicas e
para min 4 túnicas e dúas togas o tendeiro, o ferreiro deunos varios coitelos,
azadas e machados, incluso nos trouxeron carne, fruta, verdura, trigo e ata
varios centos de denarios que xuntaron entre os antigos soldados da miña
lexión.
Ata o actual legado (xeneral do
exército romano) da provincia de Vindolanda deunos un cabalo e un carro, que
nos veñen moi ben, porque teño outro cabalo e así intentaremos no porto tratar
de pasar todo nun barco, para que esta longa viaxe sexa máis levadeira, sobre
todo para o meu fillo que ten 12 anos.
Luns, II de xullo do ano CLXIV
Hoxe acabamos de cargar o carro con
todas as pertenzas que nos trouxeron e algunhas nosas. Lucilla sempre gardaba as
súas nun arcón: varias stolas, chales, veos, zapatos e algunha xoia, levamos
tamén o arcón, porque quizáis o demos á miña irmá. Vamos o meu fillo Alexander,
eu e acompáñanos o noso escravo Africanus.
Martes, III de xullo do ano CLXIV
Acórdome cando eu, Johan Ulpius
Verus, fillo de Priscus Amadeo Quintus, un labrego de Gallaecia, alisteime como
lexionario, sempre me atraera a aventura e pensei que esto era unha vía para
mellorar a posición social e familiar, cheguei a centurión, tendo unha centuria
(80 homes) de lexionarios ao meu mando, e por último, despois de destinarme a
Britania, coñecín a Lucilla, filla do gobernador Sexto Calpurnio Agrícola da
provincia de Britania, mandáronme como comandante á fortaleza de Vindolanda,
para protexela , tendo preto a muralla de Adriano (a 11 millas).
Como cumprín os 25 anos de servizo
a Roma, xa son veterano e déronme as terras que pedín en Lucus Augusti, onde
vive parte da miña familia.
Esta mañá saímos cedo, aínda
non saíra o sol, viaxamos pola calzada de Ermine Street e esta noite
descansaremos preto de Durovernum (Canterbury). Mañá tamén madrugaremos para
intentar lograr ser dos primeiros en chegar ao portus Dubris (Dover).
Venres, VI de xullo do ano CLXIV
Escribo dende o barco; por uns
cantos sestercios e denarios conseguimos que xunto coas nosas pertenzas
(incluido o noso escravo Africanus) nos leven ata a costa Gala.
Alexander entablou amizade con
outro neno que vai cós seus país ao anfiteatro romano de Lutecia, e veu tamén
pedíndome ir ao espectáculo, di que os pais do neno dixeron que pouco tiñamos
que desviarnos da ruta.
Xa vos contarei o que faremos.
Luns, IX de xullo do ano CLXIV
Chegamos ao porto de Gesoriacum
(Boulogne). Fomos ao espectáculo en Arenas de Lutecia, foi impresionante, sobre
todo cando o pobo maioritariamente pediu salvar ao gladiador que loitara moi
ben; o meu fillo estaba tenso ata que o Emperador Marco Aurelio puxo o polgar
hacia arriba. Alexander describiulle a Africanus o lugar como circular, no
centro, ao fondo, era onde pelexaban, na area e aunque nós estabamos preto da
parte máis alta tiñamos unha visión e sonidos excelentes, tamén viamos ao
Emperador coa súa muller e séquito . Africanus escoitaba calado e eu sei que
non lle gustan estos espectáculos porque varios membros da súa familia morreron
alí (él non pode ir, por ser escravo, soamente podería ir loitando).
Mércores, XVIII de xullo do ano
CLXIV
Pasamos por moitas villas:
Mediolano Avtercorum(Evreux) onde visitamos o santuario de Gisacum, o teatro, o
fórum e relaxámonos nas termas; en Lemuno(Poitiers) fomos ao anfiteatro, vimos as termas e os
acueductos, pasamos por Burdegalo(Burdeos) e moitoas vilas máis, en uns días
chegaremos a Hispania.
Martes, XXIV de xullo do ano CLXIV
Xa pouco nos queda para chegar a
Lucus Augusti, pasamos por Pompelone(Pamplona), Virovesca(Briviesca),
Lacobrigam (Carrión de los Condes), Asturica (Astorga) e fixemos un descanso en
Bergido (Cacabelos). Vendo as granxas agrícolas desta zona, pensó na casa dos
meus país.
Martes, XIV de agosto do ano CLXIV
Xa divisamos Lucus Augusti e
síntome moi contento por elo e porque
durante este longo traxecto non tivemos ningún contratempo, supoño que esta pax
romana contribuiu a elo.
Que os deuses garden ao emperador
Marco Aurelio e esta pax romana moitos anos!
Xoves, XXIII de agosto do ano CLXIV
Deixei abandonado este diario
porque a alegría do reencontró coa miña familia fixo que me esquecera del.
Meus país están moi anciáns pero ben de saúde, moi contentos porque agora
estaremos xuntos e coas terras que eles teñen e as que eu recibín preto das
súas, poderemos vivir bastante ben, Lucus está a carón e levan as colleitas ao
mercado, co que sacan bastantes cartos. A miñá irmá, que cando eu me alistei era
unha nena de 3 anos, agora é toda unha muller que agradeceu moitísimo o arcón de
Lucilla, ela, o seu marido (que é artesán) e fillos viven con nosos país e
axúdanlles moito.
O meu fillo e eu estamos xa
instalados, a casa é grande e con unha boa vista do Miño, co diñeiro que recibín
pola xubilación comprei algúns escravos máis e Africanus diríxeos tanto no
traballo de casa como no do campo.
Alexander está moi contento, cos seus primos están
sempre facendo xogos sobre gladiadores e lexionarios, e dí que dentro de pouco
alistarase como lexionario.
Aquí remato este diario, a partir
de agora dedicareime a descansar e escribir sobre as miñas vivencias.
jueves, 4 de junio de 2015
Introdución
Como sabedes Vindolanda foi un castrum (forte) romano situado no norte de provincia de Britania, alí encontráronse taboíñas (feitas con finas láminas de madeira). Cando os documentos eran longos atábanse varias a través dun burato perforado na marxe. A maioría das taboíñas de Vindolanda foron descubertas a carón dunha esquina da vivenda do comandante da gornición. Pois,...un destes comandantes, o noso protagonista, Johan Ulpius Verus, escribe un diario. Premendo nos seguintes vídeos e enlaces iredes enterándovos das súas vivencias e acontecementos, así como de información sobre os datos utilizados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)