domingo, 14 de junio de 2015

Curiosidades


  • Os romanos construíron redes de sumidoiros.



  • Foron tres os emperadores romanos nacidos en Hispania: Adriano, Traxano e Teodosio.



  • Os romanos quentaban os seus fogares cun sistema de calefacción.



  • Os romanos usaron moito o arco en grandes edificios e acuedutos.



  • Os romanos non necesitaban moitas máquinas porque tiñan escravos para facer os traballos pesados.



  • Os romanos inventaron máquinas de guerra como catapultas.



  • Os romanos non empregaban xabón, empregaban aceite que frotaban contra a pel e despois, cun instrumento metálico chamado estrígile, raspábana.



  • Roma comenzou como unha pequena aldea no 753a.C.



  • Nos primeiros tempos non había distinción entre exército e lexión, Roma dispoñía dunha soa lexión de tres mil infantes e trescentos cabaleiros .O mando supremo da cabalería correspondialle a un Magister Equitum, e o da cabalería de cada lexión aos Tribunos da cabalería.Os infantes foron divididos en cinco clases según o seu armamento (en funcion da riqueza persoal) sendo as tres primeiras chamadas hoplitas (pola armadura) e as outras dos Velites (auxiliares).




By http://lombradunsomni.blogspot.com.es/2012_05_01_archive.html


Os soldados e a cor vermella


A casa romana



Epílogo

Ø O emperador Marco Aurelio morre no ano 180 (e coa súa morte, remata o período de Pax Romana), é considerado un deus e sucédelle o seu fillo Cómodo (líder político e militar paranoico e egoísta).
Ø Alexander, alistado na lexión, chega a participar en numerosas batallas defendendo as fronteiras do imperio, pertenecendo á guardia pretoriana, tamén no ano 180 morre nas guerras marcómanas loitando contra eles no Danubio.
Ø Johan Ulpius Verus morre despois de pasar máis de 16 anos disfrutando do seu descanso en Lucus Augusti e escribindo, algo despois de enterarse da morte do seu admirado emperador, do seu fillo e da subida ao trono de Cómodo.
Ø Africanus pasa a ser liberto, pois o que fora o seu amo “deulle” a liberdade ao deixalo escrito no testamento.

Estes anos son o fin da época de maior prosperidade do imperio romano.


Para saber máis:





Discurso de Marco Aurelio

By Xenxo16
https://www.youtube.com/watch?v=Z8BKBBJm8Ds

A viaxe

Ola a tod@s:

Agora podedes elixir entre ler o diario de viaxe de Johan Ulpius Verus mediante vídeos escritos en táboas (recomendado para persoas pacientes e con tempo) ou ler o contido deste diario de viaxe sen vídeo e sen cortes (recomendado para persoas con présa).

O primeiro caso xa o tedes a continuación, e, o segundo caso, é dicir, se queredes rematar antes, ide ao final desta entrada.

Xoves, XXVIII de xuño do ano CLXIV

Despois da morte da miña amada Lucilla Galeria, xa nada me ata a Vindolanda, cando onte mandei a Alexander á pequeña tenda do artesán a buscar táboas, stilus e cera, preguntoume para que quería tantas, se ía escribir cartas a todos os lexionarios, eu conteille que iamos facer una longa viaxe ata Hispania e eran para escribir nelas as anécdotas da viaxe; Alexander alegrouse moitísimo, sempre quixo coñecer o lugar onde nacera eu, e coñecer a familia que ten en Gallaecia. Por iso hoxe comezo este diario, contando como a xente de aquí veu durante todo o día a despedirse e traernos regalos, trouxéronnos: 3 ánforas o artesán, para Alexander 4 túnicas e para min 4 túnicas e dúas togas o tendeiro, o ferreiro deunos varios coitelos, azadas e machados, incluso nos trouxeron carne, fruta, verdura, trigo e ata varios centos de denarios que xuntaron entre os antigos soldados da miña lexión.
Ata o actual legado (xeneral do exército romano) da provincia de Vindolanda deunos un cabalo e un carro, que nos veñen moi ben, porque teño outro cabalo e así intentaremos no porto tratar de pasar todo nun barco, para que esta longa viaxe sexa máis levadeira, sobre todo para o meu fillo  que ten 12 anos.


Luns, II de xullo do ano CLXIV

Hoxe acabamos de cargar o carro con todas as pertenzas que nos trouxeron e algunhas nosas. Lucilla sempre gardaba as súas nun arcón: varias stolas, chales, veos, zapatos e algunha xoia, levamos tamén o arcón, porque quizáis o demos á miña irmá. Vamos o meu fillo Alexander, eu e acompáñanos o noso escravo Africanus.

Martes, III de xullo do ano CLXIV

Acórdome cando eu, Johan Ulpius Verus, fillo de Priscus Amadeo Quintus, un labrego de Gallaecia, alisteime como lexionario, sempre me atraera a aventura e pensei que esto era unha vía para mellorar a posición social e familiar, cheguei a centurión, tendo unha centuria (80 homes) de lexionarios ao meu mando, e por último, despois de destinarme a Britania, coñecín a Lucilla, filla do gobernador Sexto Calpurnio Agrícola da provincia de Britania, mandáronme como comandante á fortaleza de Vindolanda, para protexela , tendo preto a muralla de Adriano (a 11 millas).
Como cumprín os 25 anos de servizo a Roma, xa son veterano e déronme as terras que pedín en Lucus Augusti, onde vive parte da miña familia.
Esta mañá saímos cedo, aínda non saíra o sol, viaxamos pola calzada de Ermine Street e esta noite descansaremos preto de Durovernum (Canterbury). Mañá tamén madrugaremos para intentar lograr ser dos primeiros en chegar ao portus Dubris (Dover).

Venres, VI de xullo do ano CLXIV

Escribo dende o barco; por uns cantos sestercios e denarios conseguimos que xunto coas nosas pertenzas (incluido o noso escravo Africanus) nos leven ata a costa Gala.
Alexander entablou amizade con outro neno que vai cós seus país ao anfiteatro romano de Lutecia, e veu tamén pedíndome ir ao espectáculo, di que os pais do neno dixeron que pouco tiñamos que desviarnos da ruta.
Xa vos contarei o que faremos.


Luns, IX de xullo do ano CLXIV

Chegamos ao porto de Gesoriacum (Boulogne). Fomos ao espectáculo en Arenas de Lutecia, foi impresionante, sobre todo cando o pobo maioritariamente pediu salvar ao gladiador que loitara moi ben; o meu fillo estaba tenso ata que o Emperador Marco Aurelio puxo o polgar hacia arriba. Alexander describiulle a Africanus o lugar como circular, no centro, ao fondo, era onde pelexaban, na area e aunque nós estabamos preto da parte máis alta tiñamos unha visión e sonidos excelentes, tamén viamos ao Emperador coa súa muller e séquito . Africanus escoitaba calado e eu sei que non lle gustan estos espectáculos porque varios membros da súa familia morreron alí (él non pode ir, por ser escravo, soamente podería ir loitando).

Mércores, XVIII de xullo do ano CLXIV

Pasamos por moitas villas: Mediolano Avtercorum(Evreux) onde visitamos o santuario de Gisacum, o teatro, o fórum e relaxámonos nas termas; en Lemuno(Poitiers)  fomos ao anfiteatro, vimos as termas e os acueductos, pasamos por Burdegalo(Burdeos) e moitoas vilas máis, en uns días chegaremos a Hispania.


Martes, XXIV de xullo do ano CLXIV

Xa pouco nos queda para chegar a Lucus Augusti, pasamos por Pompelone(Pamplona), Virovesca(Briviesca), Lacobrigam (Carrión de los Condes), Asturica (Astorga) e fixemos un descanso en Bergido (Cacabelos). Vendo as granxas agrícolas desta zona, pensó na casa dos meus país.

Martes, XIV de agosto do ano CLXIV

Xa divisamos Lucus Augusti e síntome moi contento por elo e  porque durante este longo traxecto non tivemos ningún contratempo, supoño que esta pax romana contribuiu a elo.
Que os deuses garden ao emperador Marco Aurelio e esta pax romana moitos anos!


Xoves, XXIII de agosto do ano CLXIV

Deixei abandonado este diario porque a alegría do reencontró coa miña familia fixo que me esquecera del. Meus país están moi anciáns pero ben de saúde, moi contentos porque agora estaremos xuntos e coas terras que eles teñen e as que eu recibín preto das súas, poderemos vivir bastante ben, Lucus está a carón e levan as colleitas ao mercado, co que sacan bastantes cartos. A miñá irmá, que cando eu me alistei era unha nena de 3 anos, agora é toda unha muller que agradeceu moitísimo o arcón de Lucilla, ela, o seu marido (que é artesán) e fillos viven con nosos país e axúdanlles moito.
O meu fillo e eu estamos xa instalados, a casa é grande e con unha boa vista do Miño, co diñeiro que recibín pola xubilación comprei algúns escravos máis e Africanus diríxeos tanto no traballo de casa como no do campo.
Alexander  está moi contento, cos seus primos están sempre facendo xogos sobre gladiadores e lexionarios, e dí que dentro de pouco alistarase como lexionario.

Aquí remato este diario, a partir de agora dedicareime a descansar e escribir sobre as miñas vivencias.

jueves, 4 de junio de 2015

Introdución

Como sabedes Vindolanda foi un castrum (forte) romano situado no norte de provincia de Britania,  alí encontráronse taboíñas (feitas con finas láminas de madeira). Cando os documentos eran longos atábanse varias a través dun burato perforado na marxe. A maioría das taboíñas de Vindolanda foron descubertas a carón dunha esquina da vivenda do comandante da gornición. Pois,...un destes comandantes, o noso protagonista, Johan Ulpius Verus, escribe un diario. Premendo nos seguintes vídeos e enlaces iredes enterándovos das súas vivencias e acontecementos, así como de información sobre os datos utilizados.

jueves, 21 de mayo de 2015

Presentación do blog

Na clase de CCSS de 1º de ESO o noso profesor Don Henrique Hervés mandounos crear por grupos un blog sobre "A viaxe dende Vindolanda ata Lucus Augusti dun oficial romano". Xenial! Por iso este é o noso primeiro blog (somos Lucía, Johan e Álex) e con el temos a intención de aprender,interesar aos lectores e que neste blog intercambiemos opinións e ideas.

Esperando lograr o que nos propoñemos, aquí comeza a historia: